O Mercado de Abastos de Ribadeo será escenario este sábado dun obradoiro no que os pequenos asistentes se converterán en reporteiros

O Mercado de Abastos de Ribadeo será escenario este sábado dun obradoiro no que os pequenos asistentes se converterán en reporteiros
 
O Mercado de Abastos será escenario este sábado, 20 de decembro, dun obradoiro infantil no que os nenos e as nenas, a partir de 7 anos, se converterán en reporteiros por un día. Será de 11 da mañá a dúas da tarde. 
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo “este Nadal o Mercado de Abastos continúa a súa actividade promocional. Así desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo en colaboración coa Asociación de Vendedores/as da Praza de Abastos a Ribadeo vaise por en marcha unha campaña de promoción on line durante desde hoxe xoves, día 18, e ata o vindeiro mércores, 24 de decembro”. 
E engaden que “dentro desta campaña levárase tamén a cabo un obradoiro infantil Reporteiros por un día, coñecemos o mercado de abastos. A actividade desenvolvérase no Mercado de Abastos de Ribadeo o sábado, 20 de decembro, a partir das 11 horas e está dirixido a nen@s maiores de 7 anos. Durante esta xornada os participantes realizarán un mini programa de televisión, onde os nenos e as nenas serán presentadores, cámaras, e directores”.
A concelleira Ana Martínez sinala que “paralelamente desde esta mesma Concellaría lanzaremos unha pequena campaña de promoción do comercio local no que se animará a realizar as compras en Ribadeo nas tendas da nosa vila”.