O teatro chegará mañá á praza da Fontenova, en Viveiro, da man da Deputación de Lugo e do Centro Comercial Casco Histórico.

O teatro chegará mañá á praza da Fontenova, en Viveiro, da man da Deputación de Lugo e do Centro Comercial Casco Histórico.
 
O 16 de setembro ás 19:30 horas na Praza da Fontenova terá lugar a representación da obra “A Verdadeira Historia do Poeta Manuel de Paderna” da man da compañía Lucecús Teatro.  
 
A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer estival. 
 
Nesta ocasión, a compañía Lucecús Teatro representará A verdadeira Historia do Poeta Manuel de Paderna, que é un espectáculo no que o persoaxe é un home que posúe un enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar ás persoas. Manuel de Paderna é algo poeta que tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. Unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico persoaxe.   
 
A compañía Lucecús Teatro está composta por Anxo Manuel, Isa Herrero e Rubén Pérez, que crean as persoaxes nun proceso divertido para darlle vida a Manuel de Paderna, Don capitón, Teodora ou o Abade. En definitiva o que buscan é achegarlle aos espectadores un espectáculo comprometido coa nosa cultura, a nosa lingua e o noso país.
 
A Verdadeira Historia do Poeta Manuel de Paderna é unha proposta para tódolos públicos que se poderá desfrutar a partir das 19:30 horas na Praza da Fontenova e que terá unha duración aproximada dunha hora. 
 
No caso de que ameace choiva a representación trasladarase ó Salón Multiusos do Concello de Viveiro.