O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 12 de maio "Pedanca e Oso", un espectáculo aldaolado sobre o amor. Organiza: Pensamento e Sementeira.

O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 12 de maio "Pedanca e Oso", un espectáculo aldaolado sobre o amor. Organiza: Pensamento e Sementeira.
 
O xoves, 12 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:30 horas, porase en escena a obra Pedanca e Oso, un espectáculo aldaolado sobre o amor.
 
Trátase das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha das que xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu espectáculo, poñéndolle moita música e humor ao amor máis romántico e ao máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose.
 
O prezo da entrada é de 5 euros. Organiza o Colectivo Pensamento e Sementeira e colabora o Concello de Viveiro.