O XXV Mercado Medieval de Mondoñedo contará con máis dun centenar de postos de artesanía e alimentación. Celebrarase do 12 ao 14 de agosto.

O XXV Mercado Medieval de Mondoñedo contará con máis dun centenar de postos de artesanía e alimentación. Celebrarase do 12 ao 14 de agosto.
 
A XXV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará este ano do 12 ao 14 de agosto, contará con máis dun centenar de postos que encherán as rúas do Casco Histórico da localidade mindoniense. A rexedora, a popular ElenaCandia, amosouse moi satisfeita con esta ampla participación e agradeceu “a confianza que os artesáns e artesás depositan ano tras ano na nosa cidade par vir vender os seus produtos”.
 
Candia puntualizou que se presentaron un total de 139 solicitudes para instalarpostos, das cales se admitiron 112 por cumprir coa normativa imposta pola comisión organizadora do Mercado. Quedaron excluídas 24 por non cumprir os requisitos, e 3 están de reserva.
 
En concreto, encherán de vida as rúas do casco histórico da cidade un centenar de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
 
Cea homenaxe e presentación do programa
O Concello celebrará mañá pola noite unha cea homenaxe na que se presentará oficialmente o programa da XXV edición do Mercado Medieval. A alcaldesa, ElenaCandia, apuntou que este acto pretende “ser unha homenaxe a todos os voluntarios e voluntarias do mercado e a todas as persoas que fixeron posible que esta festividade se puxera en marcha fai xa 25 anos e que logran que ano tras ano sexa un éxito”.
 
O ágape, que se celebrará no Seminario, contará coa actuación do actor Bruxo Queimán que explicará a todos os asistentes a historia da localidade mindoniense dende o Medievo recalcando a importancia desta vila. “Resaltando o valor histórico de Mondoñedo na Idade Media, tendo en conta que xa o nome da localidade significa en Latín ‘Medieval’. Tamén relatará como  no ano 1156 Alfonso VII de León lle concedeu a categoría de cidade”, puntualizou Candia. O evento estará amenizado pola impresionante voz de Andrea Pousa.