Os D'Abaixo actuarán o 5 de agosto nas terrazas do Cámping Gaivota, en Barreiros. O concerto está promovido polo Eido Dourado.

Os D'Abaixo actuarán o 5 de agosto nas terrazas do Cámping Gaivota, en Barreiros. O concerto está promovido polo Eido Dourado.
 
As terrazas do Cámping Gaivota acollerán este venres, 5 de agosto, un concerto de Os D’Abaixo. Será a partir das 23 horas. O evento está promovido polo Eido Dourado, segundo explicou esta mañá o artista barreirense Celso Dourado. 
 
Dourado contou que “este venres, nas terrazas do Cámping Gaivota, a partir das 23 horas actuarán Os D’Abaixo, posiblemente a formación folk en activo máis importante na actualidade. A maior parte viven en Santiago e o grupo está formado por persoas que foron compoñentes doutros grupos, entre eles Quin Fariñas, de Berrogüeto; Xosé, de Fía na Roca, varios máis de Fía na Roca. Son distintos músicos cunha longa experiencia que se uniron para crear este grupo de son Os D’Abaixo”.
 
O artista barreirense amósase moi satisfeito do discorrer da programación cultural que se está a desenvolver tamén nos xardíns do Eido Dourado, e que o pasado domingo reunía a máis de 200 persoas que acudiron a gozar dun espectáculo de flamenco.