Os días 3 e 4 de abril terá lugar en Burela a quinta edición do Aversion Fest.

Os días 3 e 4 de abril terá lugar en Burela a quinta edición do Aversion Fest.
 
Segundo explican desde a organización “estas datas mantéñense desde a fundación do festival en 2011, e son xa unha seña de identidade do evento”. 
Unha das novidades deste ano é a ampliación das instalacións do festival: “nas dúas últimas edicións habilitamos o pavillón dos institutos como recinto, mais na vindeira as instalación abarcarán o pavillón dos institutos e un amplo espazo exterior, preto desas instalacións. Fundamentamos esta ampliación na necesidade de habilitar unha zona onde os asistentes poidan pernoctar, facilitando a asistencia de público os dous días do festival”. 
Os organizadores subliñan que “o cambio máis importante a resaltar no  programa de actividades é a inclusión dunha sound system. Este formato goza da peculiaridade de que o equipo de son é de construción artesá”. E engaden que “diversificar o festival no tocante a estilos musicais repercutirá positivamente na variedade e a cantidade de público asistente”. 
Entre as bandas que teñen confirmada a súa participación no Aversion Fest 2015 figuran: Escuela de Odio, Black Knives, Twenty Fighters, Nucleo Terco, In Mute, Cathexia, Against The Waves, Dark Code, Contra as Cordas, Soldier, Challenge…