Pico do Castro leva a súa obra "O Consultorio" o 13 de decembro a Barreiros. A sesión teatral vai en beneficio da asociación Ring 14 España.

Pico do Castro leva a súa obra "O Consultorio" o 13 de decembro a Barreiros. A sesión teatral vai en beneficio da asociación Ring 14 España.
 
O grupo teatral Pico do Castro ofrece o vindeiro 13 de decembro ás 19 horas no Centro Sociocultural de Barreiros unha sesión teatral en beneficio da asociación Ring 14 España. A obra escollida para a ocasión é O consultorio e a entrada custa 3 euros.
As entradas están a disposición dos interesados nos locais Cervecería Abadía (Mondoñedo), Bar O Pipote (Lourenzá), Bar Lozano (Celeiro de Mariñaos), Cafetería Centro Social (Barreiros), Bar El Último Cuplé (San Miguel de Reinante), Restaurante El Huerto (Ribadeo), Hostal O Norte (Foz) e Bar O Chícaro (Foz). 
Esta sesión de teatro está organizada pola asociación Ring 14 España, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da asociación cultural Pico do Castro.