Presentada a XXXVIII Queimada Popular e o XX Mercado Tradicional que se celebrarán en Cervo este sábado, día 20.

Presentada a XXXVIII Queimada Popular e o XX Mercado Tradicional que se celebrarán en Cervo este sábado, día 20.
 
A XXXVIII edición da Queimada Popular, que está declarada de interese turístico, e a XX do mercado tradicional, que se van celebrar en Cervo este sábado 20, foron presentadas polos organizadores cun acto ao que asistiron o alcalde cervense, Alfonso Villares, e a concelleira de Turismo, Manuela Méndez.
 
O mercado tradicional, que comezará ás 10 da mañá, estará animado coas actuacións musicais do grupo de gaitas Medio Quiñón, do Home Orquestra Hortensio e do grupo de percusión Quilomberos de Monte Alto.; e a partir das 11:15 horas haberá unha exposición de manualidades. As actividades da Queimada Popular empezarán ás once da noite e a partir das doce haberá verbena con A Banda de Balbina, Festicultores e o dúo Diamante.