Sarabela Teatro chega a Viveiro con "O último dragón". Trátase dunha comedia para os máis noviños da casa. Será o 7 de novembro no Teatro Pastor Díaz.

Sarabela Teatro chega a Viveiro con "O último dragón". Trátase dunha comedia para os máis noviños da casa. Será o 7 de novembro no Teatro Pastor Díaz.
 
O 7 de novembro Sarabela Teatro porá en escena no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, “O último dragón”. Unha comedia dirixida ao público infantil, a nenos e nenas de 5 a 11 anos. Será ás seis da tarde. 
Sipnose:
O dragón da nosa peza non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie por que os tempos nos que os dragón eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo achéganse ao fondo da cova onde vive para acabar con él e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a moverse: Para que vou eu querer unha princesa? di.
Para comela, non? contéstalle a princesa treméndolle un pouquiño a voz.
Un corno vou comela _dixo o dragón molesto pola insistencia dos mozos_. Nin sequera se me ocorrería tocar unha cousa tan horrible!
Baixo unha estrutura clásica, relendo e inspirándonos en autores como E. Nesbit ou Kenneth Grahame, construímos unha brincadeira na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros e torneos a princesa Celia o seu amigo Telmo, príncipe interino, e o noso dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fórmula ideal para relacionarse.