Bádminton
O evento terá lugar no pavillón da Avenida de Luarca a partir das 16:00 horas.
A cita está organizada polo Concellería de Deportes e Mocidade, o club A Mariña Bádminton e a Xunta de Galicia.
As entidades participantes son: Club Monstruíños Lugo, ED Pastoriza, EDM Meira, ACD Xove, Viveiro, CPI de Friol, ED Chantada, ED Taboada, ED Portomarín e ED Paradela.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “unha fin de semana máis Ribadeo convértese no epicentro deportivo da provincia de Lugo acollendo este Campionato Escolar de Bádminton, que traerá a 120 nenos e nenas e ás súas familias á nosa vila, na que ademais da práctica deportiva poderán gozar dos atractivos turísticos deste concello”.
Na presentación do Campionato Provincial Escolar de...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “van participar 70 xogadores procedentes de varios puntos de España. O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos”.
Silvent subliñou que “é un Máster puntuable para o circuíto nacional de bádminton”.
O edil ribadense dixo que “Ribadeo aumenta as súas modalidades deportivas locais. Consideramos que para os amantes do bádminton é un aliciente poder presenciar un evento destas características na nosa vila, xa que estamos a falar dun Máster a nivel nacional”.
Colaboran co Club de Bádminton da Mariña o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
Este luns, día 30 de decembro, presentáronse as primeiras Xornadas de Tecnificación de Bádmintón Escolar A Mariña, que se levarán a cabo no Ceip Pedro Caselles Rollán, de Xove, os días 2 de xaneiro (de 16 a 19 horas) e 3 de xaneiro (de 11 a 14 horas). No acto estiveron Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de Deportes; José Manuel Blanco, presidente da ACD Xove; e Pedro Esmorís, adestrador e representante da AD San Roque.
Estas xornadas están organizadas pola ACD Xove co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración da Xunta de Galicia- Deporte Galego- Xogade, Badminton Galicia e AD San Roque.
A inscrición é gratuita e poderán participar todos aqueles/as deportistas que practican o bádminton ou aqueles que estean interesados no mesmo; o único requisito é estar inscrito dentro do...
leer másO pavillón Antonio Tarrío, de Viveiro, acollerá este sábado, día 2 de marzo, o XLV Campionato Galego Sénior de Bádminton, organizado polo Club Bádminton O Cembedo, en colaboración coa Federación Galega de Bádminton e co Concello de Viveiro.
“Agradecemos o traballo do Club O Cembedo para organizar esta cita con arredor de cen xogadores sénior en Viveiro, polo que animamos á veciñanza a desfrutar da competición”, asegura o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.
O I Torneo Badminton Concello de Xove celebrarase os días 28 e 29 de decembro no pavillón do CEIP Pedro Caselles.
O venres 28 desenvolveranse as categorías escolares benxamíns, alevíns, infantís e cadetes nas modalidades dobres (mixtos, masculino e feminino. O horario será de 16:00 a 21:00 horas. A inscrición é gratuíta, e os volantes plásticos. Haberá premios para o primeiro, segundo e terceiro clasificados por modalidade.
O sábado 29 terán lugar as categorías Open nas modalidades Dobres (mixto, masculino e feminino), en horario de 10:00 a 20:00 horas. O prezo da inscrición é 10 euros por xogador (2 modalidades) e 6€ por xogador (1 modalidade), inclúe seguros, refrescos e participación.
A inscrición está aberta ata o día 24 de decembro, pode facerse enviando un mail a...
leer más