A Devesa
A asociación veciñal da parroquia ribadense de A Devesa anuncia que este sábado, día 17 de outubro, ás 19:30 horas o local social (Círculo Habanero) acollerá unha nova sesión dos Seráns de Teatro, coa actuación do Grupo de Teatro A Adala de Fazouro (Foz), que representará a obra titulada Ai Señor, Señor.
“Unha estupenda oportunidade para gozar dunha tarde de teatro, humor e cultura coa nosa xente e coa compañía teatral de Fazouro”, explica o colectivo veciñal de A Devesa, que engade: “agardámosvos para compartir unha agradable xornada de teatro e diversión”.
O grupo Diavolinos, de Viveiro, actuará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este venres, día 9 de outubro, ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 5 euros.
Este evento está organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “este venres temos concerto no Círculo Habanero da Devesa. Imos disfrutar dos Diavolinos. Defínense como un grupo de amigos con distinta orixe, pero cun punto en común, que non é outro que o seu amor pola música, e o que lles fixo confluír na Mariña Lucense”.
“No noso percorrido pola provincia de Lugo e, en especial pola Mariña, tratamos de recuperar temas de certa antigüidade, mais que seguen resoando na mente e no corazón de todos, dándolles, por suposto, o noso toque como grupo Diavolinos. Viaxamos coa nosa música por diferentes partes do mundo, acariñando distintas...
leer másA asociación cultural A Tribo da Travesía presenta a súa programación para o último trimestre do ano, que se desenvolverá nas instalacións do Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo. Haberá catro actividades culturais, que serán os días 9 de outubro, 6 e 27 de novembro e 11 de decembro.
“Músicos da Mariña, Diavolinos, a cantautora Zeltia Irevire, o décimo aniversario dos Bailes da Tribo e teatro focego con Toupourroutou. Todo isto no Círculo Habanero, un espazo para conversar, bailar, coñecerse e recoñecerse en comunidade. Coma sempre haberá tapas caseiras, mimos e coidados”, anuncia a asociación A Tribo da Travesía.
A asociación veciñal da parroquia ribadense de A Devesa organiza unha excursión a Pontevedra e Cambados para este sábado, día 19 de setembro.
“Xa temos aquí a nosa vindeira viaxe cultural! O sábado 19 de setembro deixamos as rutinas na casa e marchamos descubrir a maxia de Pontevedra e o encanto de Cambados. Grazas á colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Cultura), organizamos un día redondo onde non vai faltar a boa comida, o turismo e, sobre todo, moita diversión entre veciños. O plan para o día: viaxe completa (bus de ida e volta), guía para non perder detalle, almorzo e un bo xantar”, explica a Asociación de Veciños A Devesa, que engade: “punto de encontro: ás 07:30 h no Local Social (Círculo Habanero). Puntualidade británica e moitos sorrisos!”.
Os prezos son: 30 euros para as persoas...
leer másA Asociación de Veciños Santa Eulalia de A Devesa anuncia un espectáculo de circo que haberá nesa parroquia ribadense este sábado, día 29 de agosto, ás 20:00 horas. Será na explanada do Local Social con entrada de balde.
“Veciñ@s, familias... temos un planazo preparado para todos vós! Prepárate para mirar ao ceo e revivir a ilusión do circo coma cando eramos nenos! Agardámosvos para desfrutar xuntos dunha gran gala de circo espectacular co mellor ambiente do noso solpor. Vai ser un serán máxico cheo de pallasos, maxia, malabares, acrobacias aéreas e un montón de sorpresas máis que non te podes perder. Un espectáculo vibrante para todas as idades!”, anuncia a asociación veciñal da Devesa.
Nesta actividade colabora a área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Asociación de Veciños Santa Eulalia de A Devesa organiza para este venres, día 28 de agosto a súa primeira “gran churrascada” e anuncia: “non sabemos como quedará o punto da carne, pero a festa está máis que garantida! Apunta para que non te despistes: venres 28 de agosto na explanada do Local Social (se chove non hai drama, hai carpa). A folla de ruta: 20:30 horas, operación coller o ticket; 21:00, a comer (empanada, churrasco de porco, chourizo, pan, auga, viño, sobremesa, café e chupito para baixar o porco); 22:30, baile para queimar as calorías co dúo Puma. O aforo é limitado e temos que saber cantos somos para que non falte nin un cacho de chourizo”.
Para inscribirse hai que contactar con Domingo no teléfono 682.06.57.07 ata este mércores, 26 de agosto.
A asociación de veciños Santa Eulalia, de A Devesa (Ribadeo), anuncia que o Círculo Habanero desta parroquia ribadense acolle este venres, día 21 de agosto, ás 20:00 horas a presentación do libro do historiador Lourenzo Fernández Prieto titulado A Galicia moderna (1880-1939).
“Unha oportunidade para escoitar de preto ao autor e aos profesores X.R. Veiga e Francisco Villamil nun coloquio aberto sobre o noso pasado”, explica a asociación veciñal da parroquia de Lourenzo Fernández Prieto.
O grupo galés de folk Rholben e Mano Panforreteiro, como artista convidado, actuarán no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o día 20 de xullo, luns, ás 20:30 horas.
É unha actividade organizada pola asociación cultural A Tribo Da Travesía, que anuncia: “grazas á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, imos poder disfrutar dun concerto moi especial! Temos ao grupo de folk galés Rholben o luns 20 de xullo no Círculo Habanero de A Devesa (Ribadeo) ás 20:30 horas”. Ademais explica que as interpretacións creadas por Rholben “transbordan tenrura, enxeño e emoción. A súa música transmite lixeireza e contemporaneidade, ao mesmo tempo que nos imbúe da solidez e intemporalidade da montaña que lle dá nome. E aproveitamos a ocasión para ofrecervos un obradoiro de canto tradicional galés, da man de Siriol Davies e John Ruddock, de...
leer másO libro La parroquia de A Devesa, de Antonio Cuervas-Mons García-Braga, preséntase este sábado, día 27 de xuño, ás 19:00 horas no Círculo Habanero da Devesa. O acto será conducido polo profesor Lourenzo Fernández Prieto.
O Concello de Ribadeo anuncia que “a historia, a memoria e a identidade da Devesa reúnense nunha nova publicación que afonda nas raíces desta parroquia ribadense. Co apoio da Xunta de Galicia”.
Este próximo venres, día 26 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar o debut en Galicia do dúo Ébano Acústico no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo). O prezo da entrada é de 10 euros.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural a Tribo da Taavesía, que anuncia: “Ébano Acústico é un dúo musical formado pola cantante afroamericana Ebony Joy Phillips e o guitarrista estadounidense-español Alex Fernández. Neste ano 2026 decidiron trasladarse a Galicia tras investigar online o panorama musical galego de rock, blues e jazz e lanzar aquí un proxecto en formato dúo acústico. Phillips é unha cantante dinámica en varios estilos e Fernández, aparte da guitarra, toca batería e baixo con moi bo nivel e tamén é enxeñeiro de audio e produtor con décadas de experiencia profesional. O seu dúo acústico é un formato minimalista: reducidos a voz e...
leer más












