Cabarcos

26/03/2026

A Xunta de Galicia anuncia que apoia a celebración da I Comida Popular de Cabarcos, no concello de Barreiros, que convoca este sábado, día 28 de marzo, a asociación cultural San Xulián. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do evento xunto co presidente da entidade, Diego Dorrego, entre outros.

Arias destacou “a colaboración que mantemos cos colectivos locais para promover  actividades que reforcen a cohesión social, como este proxecto, impulsado polos mozos e mozas que integran a asociación cultural de Cabarcos e que recibiu unha gran acollida por parte da veciñanza”. Preto de 400 persoas inscribíronse xa para participar neste xantar popular.

A xornada terá lugar nunha carpa instalada no campo da festa e inclúe sesión vermú a partir das 13:30 horas, comida, animación...

leer más
22/03/2026

Cabarcos, no municipio de Barreiros, celebrará a súa I Comida Popular o día 28 de marzo, sábado. Será no campo da festa cerrado con carpa e estará amenizada por DJ Bombarbero e a charanga Europa. A sesión vermú comezará ás 13:30 horas e ás 14:30 servirase a comida.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural San Xulián de Cabarcos, que anuncia: “estamos desexando compartir este día tan especial con todos vós! Recordade que a data límite para coller os tickets é ata o luns 23 de marzo. Non o deixedes para o último momento. Contamos con vós para facer desta primeira edición algo inesquecible”.

17/06/2025

Chega a segunda actuación no marco do programa cultural A Voltas cos Contos, organizado polo Concello de Barreiros. Este domingo, día 22 de xuño, ás 19:00 horas no local social de Cabarcos actuará Vero Rilo, que ofrecerá o seu espectáculo titulado Lavandeiras.

“Nesta ocasión será a quenda de Vero Rilo, quen nos fará pasar un anaco moi especial coa súa sesión de narración oral ao redor desde oficio tan noso, o das lavandeiras. Achégate para escoitar as lendas e os contos; historias que sucederon por toda a nosa xeografía sobre estas mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, teceron unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia”, anuncia o Concello de Barreiros.

O programa A Voltas cos Contos está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan...

leer más
Etiquetas:
15/09/2024

A comisión de festas da parroquia de Cabarcos, no concello de Barreiros, organiza churrascada e verbena para o día 20 de setembro, venres.

A churrascada, que é aberta a todo o público, empezará ás 21:30 horas. E despois terá lugar a verbena coa orquestra La Fórmula e a discoteca móbil Alejandro Martínez.

A organización anuncia que haberá mesas e cadeiras para a churrascada e que o recinto estará cuberto con carpa.