eclipse de sol
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia que o Concello repartirá entre as veciñas e veciños nos próximos días 3.000 lentes homologadas para ver a eclipse de sol do día 12 de agosto, así como dípticos informativos, financiados con cargo a fondos propios e da Deputación de Lugo.
As gafas serán repartidas no casco urbano e tamén nas parroquias, a través das distintas asociacións. Esta fin de semana entregáronse á Asociación Deportiva San Xulián de Nois e nos vindeiros días serán repartidas ao resto. Así mesmo está planificada unha xornada de reparto este martes, día 4 de xullo, pola mañá a partir das 10.30 horas na Praza Conde de Fontao, aproveitando o mercado semanal. As lentes sobrantes estarán a disposición da veciñanza na Casa do Concello.
“O 29 de xuño, grazas á Deputación de Lugo, desfrutamos no Cenima dunha...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que a alcaldesa, Mariña Gueimunde, presidirá o luns 29 de xuño unha xornada divulgativa sobre a eclipse total de sol que terá lugar o 12 de agosto. A actividade, impulsada pola Deputación de Lugo, celebrarase ás 19:30 horas no Multiusos e contará coa intervención de Lucía González Cuesta, doutora en Astrofísica e divulgadora científica. A entrada será libre ata que se complete o aforo.
“O Goberno municipal apostou por que Viveiro formase parte desta programación divulgativa e facilitou a celebración da sesión no municipio, ante o interese científico, social e turístico dun fenómeno que situará á provincia de Lugo entre os territorios máis destacados para a observación da eclipse”, explica o Concello, que engade: “a alcaldesa Mariña Gueimunde mantén un especial interese por esta cuestión e por que a veciñanza...
leer másRibadeo e Lalín instalarán pantallas xigantes na praia das Catedrais e no Altar do Sol para seguir nunha observación conxunta a eclipse de sol do vindeiro 12 de agosto, que será comentada por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
Foi o profesor Docobo o que a definiu como “a eclipse das nosas vidas” e comentou tamén que “o 28 de agosto haberá unha eclipse de lúa”. Parécelle unha moi boa idea a observación conxunta que están a organizar os Concellos de Lalín e de Ribadeo: “as nubes son caprichosas entón tendo a oportunidade de observar a eclipse desde dous sitios temos o dobre de posibilidades de poder velo. En Ribadeo rexistrarase a máxima duración en Galicia, que será de 1 minuto e 45 segundos e en Lalín será visible desde a parte leste e norte do municipio, pero hai un lugar emblemático onde será a...
leer más





