desinformación
A Casa do Concello de Burela acolle un novo obradoiro contra a desinformación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia na provincia, que conta co apoio da Deputación de Lugo. Será este xoves, día 17 de setembro, ás 19:00 no Salón de Plenos, será impartido por María del Carmen Abuín González e enmárcase no proxecto de formación en alfabetización mediática desenvolvido polo CPXG.
O Concello de Burela explica que este acto “está dirixido a fomentar o consumo crítico e a mellor identificación da verdadeira información entre a poboación adulta. A poboación desta localidade poderá así ter acceso a recursos e ferramentas para distinguir mellor o xornalismo de calidade e axudar a combater as noticias falsas. A asistencia ao acto é libre e gratuíta”.
O taller de Burela será unha parada máis na Mariña desta...
leer másEste xoves, día 10 de setembro, vai ter lugar en Viveiro a partir das 20:00 horas un novo obradoiro do proxecto de formación en alfabetización mediática desenvolvido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nunha vintena de localidades lucenses, unha actividade subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo. O acto, dirixido a fomentar o consumo crítico e a mellor identificación da verdadeira información entre a poboación adulta, vai ter lugar no Salón Multiusos da Casa do Concello de Viveiro. A poboación desta localidade mariñá poderá así ter acceso a recursos e ferramentas para distinguir mellor o xornalismo de calidade e axudar a combater as noticias falsas, anuncia o Colexio de Xornalistas de Galicia.
O obradoiro estará impartido pola xornalista Carmen Abuín González, licenciada en Ciencias da Información con experiencia...
leer másO Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza en Barreiros un obradoiro de alfabetización mediática dirixido á poboación adulta, dentro do programa Obradoiros contra a desinformación. Será o martes 30 de xuño ás 11:00 horas no Centro Sociocultural de Barreiros e non se precisa inscrición previa.
O Concello de Barreiros explica que “nun contexto de proliferación de noticias falsas, ninguén está libre de ser vítima ou propagador da desinformación. Estes obradoiros nacen da experiencia do Colexio de Xornalistas con escolares e amplíana agora á poboación adulta, co obxectivo de fornecer á sociedade de coñecementos e ferramentas para combater as mentiras. A xornada estará impartida pola xornalista Carmen Quintela e ofrecerá ferramentas para identificar e combater a desinformación no noso día a día”.
A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñerán en marcha unha programación formativa de 20 obradoiros gratuítos dirixidos á cidadanía, co obxectivo de “ofrecer ferramentas para identificar e combater a desinformación, fomentar o pensamento crítico e promover un consumo responsable da información no actual contexto dixital”. Así o anunciou no Pazo de San Marcos a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto á decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Belén Regueira, durante a presentación desta iniciativa, que percorrerá 19 concellos da provincia ao longo de todo o ano, entre eles os municipios mariñáns de Barreiros, Burela, Foz, Trabada e Viveiro.
Carmela López agradeceu ao Colexio a implicación para promover esta proposta “útil, necesaria e moi conectada coa realidade que vivimos...
leer más






