Ruta do Peixe
O Concello de Burela presenta unha nova edición da Ruta do Peixe, unha iniciativa turística que permitirá coñecer de preto o funcionamento da lonxa e o proceso de venta do peixe. As visitas realizaranse os luns ás 18:00 horas e de martes a xoves ás 19:00 horas e terán unha duración aproximada dunha hora.
Os prezos son de 8 euros para persoas adultas, 6 euros para mocidade de entre 12 e 17 anos, e gratis para os menores de 12 anos. Debido á limitación de prazas será necesaria a reserva previa, que poderá realizarse a través da páxina web rutadopeixe.burela.org.
Na presentación da iniciativa participaron o concelleiro de Turismo do Concello de Burela, Ramiro Fernández; o xerente de ABSA, Miguel Neira; e o guía das visitas, Boris Vilar, responsable de Rutas Galicia Norte...
leer más



