Viaxe a México
Antía Gayoso Gayol atópase estes días en México disfrutando da viaxe sorteada por Acisa no marco do XI Ribadeo Indiano.
O sorteo, ante notario, tivo lugar ao remate do concerto ofrecido por Estrellas de Buena Vista y Más no escenario instalado na rúa San Roque o pasado 12 de xullo.
A viaxe sorteada foi para dúas persoas para desfrutar neste mes de setembro. O premio cubre o vo Madrid-México-Madrid, así como 7 noites de hotel en habitación dobre premium room en réxime de todo incluído, no hotel Iberostar Waves Paraíso de 5 estrelas, así coma servizos extra como embarque preferente, asentos especiais, asistencia a eventos na Riviera Maya, entre outros complementos extra.
Por outra parte, as persoas afortunadas no sorteo da campaña da Volta ao Cole, de Acisa Ribadeo, teñen ata o 30 de...
leer másAntía Gayoso Gayol foi a gañadora da viaxe a México sorteada por Acisa no marco do XI Ribadeo Indiano. Esta ribadense gozará do seu premio o vindeiro mes de setembro.
O sorteo, ante notario, tivo lugar ao remate do concerto ofrecido por Estrellas de Buena Vista y Más no escenario instalado na rúa San Roque.
Ao sorteo asistiron e participaron na entrega do premio o director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, así como concelleiras e concelleiros ribadenses (Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Montse Seijo, Elena Sierra e Diego Dos Santos), a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e Manoli Torviso, Trinidad Otero e José Ramón Leal, directiv@s de Acisa, e Jorge Fernández, técnico da asociación ribadense.
Acisa agradece a colaboración...
leer másO Ribadeo Indiano remata este domingo, 12 de xullo, co sorteo dunha viaxe a México para dúas persoas
O Ribadeo Indiano 2026 concluirá o vindeiro domingo, 12 de xullo, co sorteo dunha viaxe a México para dúas persoas. Acisa reparte 180.000 papeletas entre os clientes dos locais asociados desde o pasado 19 de xuño.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “o sorteo, ante notario, será o domingo ao remate do concerto de Estrellas de Buena Vista y Más. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Será a sexta vez que desde Acisa enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende a nosa asociación estamos a traballar para premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que estamos de rebaixas e aumenta a afluencia turística e sen dúbida este sorteo é unha axuda moi importante e unha cita moi agardada tanto polos negocios locais asociados como pola súa...





