Volta ao cole

Etiquetas:
02/10/2026

Cinco mulleres son as gañadores da campaña da Volta ao Cole da FCAM. O sorteo tivo lugar nas últimas horas e o vídeo xa pode verse nas redes sociais de A Mariña Federación.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “a cada tícket enviado ao correo electrónico de A Mariña Federación ao longo de todo o mes de setembro foille asignado un número por orden de recepción ou chegada. Todos foron introducidos nunha urna e os extraídos e premiados son o 135, o 3, o 110, o 10 e o 13”.

O número 135 foi por unha compra realizada en Mimimó Viveiro por Margarita; o 3 correspondeu a unha adquisición feita en O Bispo Roupa, na Pontenova, por Vanesa; o 110 foi por unha compra en Librería Nobel, en Burela, por Paula; o 10 por unha en Telbar, na Pontenova, por Carmen; e o 13 foi por unha compra feita tamén en O Bispo Roupa,...

leer más
21/09/2026

Xa se coñecen os números gañadores da campaña da Volta ao Cole de Acia Foz-CCA, que se desenvolveu do 31 de agosto ao 20 de setembro. Na cita participaron 86 negocios locais.

O número 23.631, papeleta entregada en Pirde Moda, resultou agraciado cun pack de aventura familiar. E os números 27.906 entregado en Ofifoz,  2.772 en Koquetas Moda, 23.222 en Peluquería Canina Huellas e 1.185 en Estanco Leitón recibirán 100 euros en vales de compra cada un.

As persoas afortunadas poden contactar co seguinte número de teléfono 982 132 751.

O sorteo tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas e contou coa participación da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade.

AciaFozCCA conta para a campaña da Volta ao Cole coa...

leer más
Etiquetas:
14/09/2026

Ata o día 30 de setembro segue a campaña da Volta ao Cole da FCAM (Federación de Comercio A Mariña), que sortea 500 euros en vales de compra.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.

Cruzado Iglesias lembra que “participar na campaña da FCAM é moi sinxelo. Aquelas persoas que durante o mes de setembro fagan as súas compras nos comercios asociados a calquera das nosas Acias/CCAs o único que terán que facer é mandar unha foto do seu tícket de compra ao correo electrónico ...

leer más
Etiquetas:
31/08/2026

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que se desenvolverá do 1 ao 30 de setembro.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.

Cruzado Iglesias di que “para as familias mariñás toda axuda con vales de compra será moi ben recibida, xa que setembro é un mes de moitos gastos coa adquisición de material escolar, de uniformes, de roupa deportiva, calzado, etcétera”.

A presidenta da Federación de Comercio A Mariña subliña que “participar na campaña...

leer más
28/08/2026

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir do martes 1 de setembro a campaña da volta ó cole co sorteo do valor de 5 tickets de compra subidos á APP ViveiroCCH. E explica: “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para estas datas nas que as familias están a preparar a volta ó cole dos rapaces, e axudarlles dalgún xeito a facer mais levadeiros os gastos que acarrea. O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH, onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 1 ó 20 de setembro de 2026 (ambos incluídos). Sortearemos a devolución do importe de 5 dos tíckets subidos (ata un máximo de 100 euros cada un), axudando deste xeito a que algún dos gastos do...

leer más
Etiquetas:
28/08/2026

Foz vive a aventura da volta ao cole do 31 de agosto ao 20 de setembro. Na cita participan 86 negocios locais. Acia Foz-CCA sorteará un pack de aventura familiar e 400 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole.

Na presentación da campaña participaron o director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, o alcalde, Fran Cajoto, e Pura García, directiva da asociación focense.

Paleo explicou que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo dun pack de aventura familiar e 400 euros en vales de compra. Serán 4 premios de 100 euros cada un. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 21 de setembro”. Acia Foz-CCA reparte para esta campaña 35.000 papeletas entre os establecementos participantes....

leer más