asociacións
O Concello de Ribadeo organizará os días 18, 19 e 20 de decembro de 2026 o I Encontro de Asociacións de Ribadeo, unha iniciativa que “nace co obxectivo de recoñecer, visibilizar e poñer en valor a importante labor que desenvolven as asociacións e entidades sen ánimo de lucro na vida social, cultural e comunitaria”.
O encontro celebrarase no Campo de San Francisco, que se converterá durante esas tres xornadas “nun espazo aberto á participación cidadá, no que as entidades participantes poderán dar a coñecer os seus proxectos, actividades e iniciativas, compartir experiencias e achegar á veciñanza o traballo que realizan ao longo de todo o ano”.
A concelleira Marta Saiz indicou que “a iniciativa pretende ofrecer un escaparate do amplo e diverso tecido asociativo de Ribadeo e da súa contorna, abrindo tamén a...
leer más



