Teatro infantil o 17 de decembro no Pastor Díaz, en Viveiro. Pérez & Fernández porán en escena "O poder de Amabel".

Teatro infantil o 17 de decembro no Pastor Díaz, en Viveiro. Pérez & Fernández porán en escena "O poder de Amabel".
 
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado, 17 de decembro, a obra "O poder de Amabel", a cargo de Pérez & Fernández.
 
"O poder de Amabel" é unha peza de teatro de monicreques e actores para público familiar baseada na noela infantil de Érica Esmorís. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo,embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos, no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses anos que debemos volver para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
 
A representación comezará ás 18:00 horas e a duración é de 42 minutos. Está dirixida a un público infantil a partir de 5 anos.