Terras de Lourenzá percorrerá os 11 quilómetros da senda costeira entre Morás e Vilachá, en Xove, o 17 de xaneiro.

Terras de Lourenzá percorrerá os 11 quilómetros da senda costeira entre Morás e Vilachá, en Xove, o 17 de xaneiro.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá achegarase o 17 de xaneiro a Xove, onde realizarán a senda costeira no tramo entre Morás e Vilachá. É un percorrido lineal, de 11 quilómetros e dificultade baixa, que permite gozar das paisaxes da costa cantábrica en inverno.
A saída dende o Cantón de Vilanova de Lourenzá está prevista para as 9 horas da mañá. O prezo de inscrición é de 5 euros para socios e de 8 euros para non socios, e con el custearase o transporte en autobús, xa que os sendeiristas volven comer á casa.
O prazo para anotarse remata o 14 de xaneiro. Para as inscricións a asociación ten dous números de teléfono, o 699 70 60 31 ou 636 67 95 12, e o correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com