Terras de Lourenzá realizará o 20 de marzo a ruta Aba Sacra e os asistentes disfrutarán da Feira do Viño de Sober.

Terras de Lourenzá realizará o 20 de marzo a ruta Aba Sacra e os asistentes disfrutarán da Feira do Viño de Sober.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha viaxe para este domingo, día 20, a Sober coincidindo coa celebración da Feira do Viño.
 
Os participantes realizarán a Ruta Aba Sacra cun percorrido de 6,3 quilómetros e dificultade baixa dende Doade ata Amandi. O percorrido discorre na súa totalidade entre os característicos bancais de viñedo da zona e paralelos ao canón do río Sil. Ao rematar desprazaranse ata Sober onde gozarán da xornada festiva que supón a celebración da tradicional Feira do Viño.
 
Esta andaina será este domingo, día 20, e a saída de Lourenzá está prevista para as 8:00 horas. O prezo de 10 euros para socios e 15 euros para non socios, inclúe o transporte en bus xa que a comida correrá a conta dos camiñantes que poden levala da casa ou xantar nos postos de polbo e churrasco da feira. 
 
O prazo para anotarse remata este xoves, día 17, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 636 49 64 48 (Fe) ou 636 67 95 12 (Pepe) así como no correo da asociación terrasdelourenza@gmail.com