Todo está listo no Valadouro para a celebración o 19 de marzo do tradicional Mercado de Primavera. Haberá música, teatro, tapeo, premios e xogos tradicionais, entre outras actividades.

Todo está listo no Valadouro para a celebración o 19 de marzo do tradicional Mercado de Primavera. Haberá música, teatro, tapeo, premios e xogos tradicionais, entre outras actividades.
 
O Valadouro acollerá un ano máis o seu Tradicional Mercado Anual de Primavera o vindeiro día 19 deste mes. Haberá mercado polas rúas de Ferreira con ruta de Tapeo Enxebre e cantos de taberna. Os pasarrúas correrán a cargo de Cé Orquestra Pantasma, A.C. Amado Lar e Festicultores Troupe e haberá actuacións teatrais con Mircromina Teatro. Os asistentes terán posibilidade de dar paseos en poni e a cabalo e os máis peques poderán participar nun certame de pesca infantil. A xornada completarase cos xogos tradicionais a cargo de Xotramu e co concerto que ofrecerá A Troba do Bugallo.
 
Neste Mercado de Primavera do Valadouro repartiranse premios para os locais comercial e hostaleiro decorados máis enxebre. Ademais haberá zonas para aqueles que queiran facer comidas campestres. Este Mercado Tradicional Anual de Primavera do Valadouro conta coa colaboración do Concello e a Presidencia e Vicepresidencia da Deputación.