A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará o vindeiro sábado, 7 de marzo, a ruta Camiños de Santaballa.

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará o vindeiro sábado, 7 de marzo, a ruta Camiños de Santaballa.
 
A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto facer o vindeiro sábado, 7 de marzo, a ruta Camiños de Santaballa en Vilalba. Son 12 quilómetros e a dificultade é baixa.
O prezo será de 25 € para os socios e de 30 para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 9 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Recoméndase levar botas e bastón.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben n o teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 5 de marzo ás 20.00 horas.