Aniversario

Etiquetas:
09/08/2017

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o día 19 deste mes, sábado, un concerto especial con motivo da celebración do seu 25 aniversario. Terá lugar no auditorio ao aire libre de Cabanela ás 21 horas e varios ex músicos actuarán xunto aos actuais integrantes da Banda. Ese mesmo día pola mañá será inaugurada unha exposición de fotos, instrumentos antigos e outros obxectos na Casa do Mar.

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “con motivo do 25 aniversario da Banda Municipal de Música de Ribadeo, o 19 deste mes en Cabanela, no auditorio ao aire libre, faremos o concerto do 25º aniversario, no que participarán músicos que pasaron ao longo destes 25 anos pola formación, que tocarán coa plantilla actual da banda e será un repertorio no que faremos unha pequena mestura de obras que se...

leer más
Etiquetas:
08/06/2017

A asociación Amadores da Música está preparando a celebración do 25º aniversario da banda municipal de Ribadeo, que se cumpre este ano. As actividades que xa están programadas son unha exposición sobre a historia da formación e un concerto especial, actuación na que pretenden que participen boa parte dos músicos que pasaron pola formación.

Na mostra exporanse fotos, programas e carteis de concertos, instrumentos, traxes dos músicos, artigos de prensa e outros obxectos relacionados coa Banda ribadense durante estes 25 anos. Estará aberta ao público na planta baixa do edificio da Casa do Mar do 18 ao 25 de agosto.

E o concerto conmemorativo do 25º aniversario está programado para o día 19 de agosto e a directiva de Amadores da Música anima aos ex compoñentes da Banda a que se unan aos membros actuais para facer unha...

leer más
08/01/2016
O Concello de Mondoñedo conmemora o 25 aniversario do ascenso a terceira división da Sociedade Deportiva Mindoniense.
 
O Goberno local de Mondoñedo prepara a conmemoración do 25 aniversario do ascenso a terceira división da Sociedade Deportiva Mindoniense. O día un de setembro de 1991 o equipo xogou o seu primeiro partido nesta categoría á que chegou en maio do mesmo ano. 
A rexedora, a popular Elena Candia, remarca que tanto ela como o concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, e todo o equipo de Goberno “queremos ter unha lembranza con todos os que fixeron posible este acontecemento histórico para a localidade”. 
“Xogadores, directiva e afección fixeron posible un fito histórico deportivo para Mondoñedo, polo que queremos renderlle unha homenaxe polo seu traballo, esforzo e dedicación, así como polos éxitos acadados”, explica Tapia.
... leer más