Axenda
A Delegación de Cultura do Concello de Ribadeo anuncia que pospón a súa programación de xaneiro e febreiro “por mor da situación da pandemia, á espera de volver a partir do mes de marzo”.
Esta fin de semana estaba previsto que actuase na vila ribadense a cantante cubana Jamila Purofilin e que o día 31 de xaneiro a compañía teatral Chévere representase Curva España. A maiores había programados os espectáculos de Raquel Queizás e Fátima Fernández, para nenas e nenos, que tamén terán que esperar.
A Concellería de Cultura ven de presentar a súa programación para este mes de decembro. Haberá teatro, maxia, animación de charangas polas rúas e do 15 de decembro ao 5 de xaneiro desenvolverase un xogo interactivo para nenos e nenas, denominado Burela salva o Nadal e no que os códigos QR terán moito que dicir. O concelleiro José Díaz lamenta non poder contar cun musical importante este Nadal e ter que anular o monólogo de Miguel Lago, debido á situación sanitaria e ás restricións de aforos.
O edil de Cultura declarou que “dada la situación que todos conocemos de la pandemia, nos vimos obligados a suspender bastantes cosas, algunas de ellas que iban a tener mucho peso cultural en Burela. Siempre solíamos hacer en navidades un concierto de Navidad o algún tipo de actuación de este estilo. Este año, sobre todo por cuestiones de aforo y de...
leer másA programación cultural de Burela para novembro inclúe varias representacións teatrais, a actuación de David Amor e a estrea do documental Honra. Debido ás novas restricións que aplicará a Xunta de Galicia desde o vindeiro sábado, 7 de novembro, haberá redución de aforo para asistir a todas estas actividades.
O vindeiro domingo, día 8, Ibuprofeno Teatro representará a obra O mel non caduca. Será no Auditorio Municipal ás 19:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
O sábado 14 David Amor presentará o seu monólogo Love está en el aire. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
O sábado 21 a compañía Teatro Andanzas porá en escea a obra Olvida los tambores. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. E o domingo 22 tamén no Auditorio Municipal...
leer másA Concellería de Cultura programa varias actuacións musicais e representacións de teatro para as fins de semana deste mes de outubro.
O vindeiro sábado, día 10, ofrecerá un concerto en Burela Roi Casal. O intérprete galego presentará o espectáculo titulado Son galego, son cubano. Trátase dun show con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países. A actuación terá lugar no auditorio municipal, dará comezo ás 21:00 horas e a entrada será de balde.
O domingo, día 11, Luis Vallecillo presentará o musical Cantamos?. Será no auditorio municipal a partires das 18:30 horas, con entrada de balde e está dirixido ao público familiar.
O 17 de outubro a compañía Malasombra Teatro representará a obra Bernarda. Terá lugar no auditorio municipal ás 20:30 horas e o...
leer másO Concello de Foz programa 19 actividades desde hoxe, martes, ata este domingo, día 23, dentro da iniciativa Cultura na Rúa.
Na tarde noite de hoxe, a partir das 21:00 horas, haberá teatro para nenos e nenas no Colexio Nº 1 a cargo do grupo infantil A Adala, de Fazouro, que representará a obra Dragón e cabaleiro. Á mesma hora na pista polideportiva da parroquia de San Martiño terá lugar a proxección da película Jumanji 3.
Mañá, mércores, DJ Popy actuará na rúa Juan Montes ás 12:00 e ás 18:00 horas para amenizar a actividade Comercio na Rúa. E no pazo do Conde de Fontao ás 20:30 horas haberá un recital de piano, incluído dentro da programación do festival Bal y Gay, acto para o que as entradas están esgotadas.
O xoves 20 na rúa Juan Montes actuará DJ Alex ás 12:00 e ás 18:00 horas para...
leer másEn Foz haberá sete actuacións musicais nas rúas da vila esta fin de semana, desde hoxe, venres, ata o domingo.
Na tarde noite de hoxe a partir das 21:00 horas no paseo da praia da Rapadoira tocará o Combo da Escola de Música de Foz.
Mañá, sábado, 1 de agosto haberá catro actuacións: ás 13:00 horas na rúa Álvaro Cunqueiro estará o DJ Popy García, ás 13:30 horas na zona de As Torres actuará o grupo Carta de Ajuste; e ás 21:30 horas tocará o grupo Carta de Ajuste na Praza Conde de Fontao e o DJ Popy García estará xunto á praia da Rapadoira.
E o domingo, 2 de agosto, actuará o grupo Pablo Balseiro ás 13:30 horas no paseo da praia da Rapadoira e ás 21:30 horas na Praza Conde de Fontao.
O programa dará comezo o mércores, 5 de agosto, cunha ruta de sendeirismo dende a Ribeira do Bispo ata o Refuxio de Auga Caída de 12 quilómetros de percorrido. A saída será ás 9:30 horas en coches particulares dende a Casa da Cultura do Vicedo.
Tamén o mércores 5 ás 21:30 horas na Casa da Cultura, celebrarase o concerto 24 instrumentos musicais galegos a cargo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Trátase dunha viaxe a través dos instrumentos da tradición musical galega como distintos tipos de gaitas, a zanfona, acordeóns, requintas e frautas, ocarinas e asubios, así como unha grande variedade de percusións con bombo, tambor, pandeireta, pandeira, pandeiro, lata, tixola, tarrañolas ou o charrasco.
O mércores 12, ás 10:00 horas, haberá outra de ruta de sendeirismo por Ponte Ulló, Morgallón e as Ribeiras do Sor de 10...
leer másMúsica, teatro, danza e espectáculos para os máis pequenos e pequenas da casa conforman a axenda cultural do Concello de Ribadeo para as vindeiras semanas, que hoxe foi presentada pola concelleira Pilar Otero. A programación arrinca este venres, 24 de xullo, cun concerto de MJ PÉREZ no Teatro.
A edil ribadense dixo que “nunca presentaramos unha programación cultural nunha situación parecida.O confinamento puxo en evidencia que a cultura lle presta un servizo á sociedade. Non só xerando produtos de lecer senón tamén dinámicas de cohesión social. É por iso polo que confeccionamos un plano cultural para o verán que tenta verse afectado o menos posible pola situación que vivimos. Así, logo de reorganizar os nosos espazos para adecuarnos ás condicións que se nos piden para frear a covid, neste plano de eventos para os meses de agosto e...
leer másO Concello de Mondoñedo cancela a celebración do Mercado Medieval para este 2020 debido á situación sanitaria derivada da covid-19 e aposta por unha programación cultural e de lecer adaptada á actual situación sanitaria.
“Esta programación alternativa ten tamén como obxectivo contribuír a posicionar Mondoñedo como destino turístico seguro”, segundo sinala o concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías, Alberto García, quen afirma: “con esta proposta cultural buscamos a protección da saúde, a través de eventos en pequeno formato cos que dinamizamos e axudamos á economía local”.
Baixo o lema ‘ActivandoMondoñedo’, esta “programación alternativa de cultura e lecer no verán 2020” ofrecerá de xoves a domingo ata o final do verán diversas actividades distribuídas entre as distintas rúas e prazas mindoniensesque pretenden“...
leer más












