Bailes
O Pavillón da Veiga de San Ciprián acollerá o vindeiro sábado, 24 de novembro, unha exhibición de baile deportivo e de salón que contará coa participación de quince parellas procedentes de diferentes puntos da Mariña, asistentes ás clases impartidas pola Escola de Baile Hover Cross.
A cita, aberta ao público e organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos da Mariña (Arama), será ás 20:30 horas.
Entre os bailes que se poderán ver no evento están o vals inglés, vals vienés, Rumba- Bolero, Chachachá, Tango arxentino, Roda cubana ou rock and roll.
Recordamos que o pasado mes de setembro botaron a andar as clases de baile no Concello de Cervo, promovidas pola asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross con gran éxito de participación,...
leer másO Concello de Burela abre este xoves, 20 de setembro, o prazo de inscrición no curso de Bailes de Salón, que organiza a Delegación de Servizos Sociais, Facenda e Mar.
As persoas interesadas en asistir poden achegarse ata a Casa do Concello para facer a súa inscrición, “dado que esta terá que ser presencial”, segundo indica a edil Patricia Otero.
A concelleira de Servizos Sociais explica que “o curso de Bailes de Salón dará comezo o 2 de outubro e rematará o 18 de decembro. Terá lugar os martes e haberá tres quendas a elixir. A primeira de 18:45 a 20:00 horas, a segunda de 20:00 a 21:15 horas e a terceira de 21:15 a 22:30 horas.
As/os interesadas/os poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982 58 06 09.
O vindeiro luns, día 16, ábrese o prazo de inscrición nos Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, Facenda e Mar.
Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade, que é gratuíta, poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que esta será presencial”.
Os Bailes de salón darán comezo o 24 de outubro e rematarán o 23 de xaneiro. A edil socialista sinala que “o martes é o día fixada para o seu desenvolvemento. Haberá tres quendas, unha de 18:45 a 20:00 horas, outra de 20:00 a 21:15 horas e a terceira será de 21:15 a 22:30 horas”.
Para calquera información e/ou aclaración, @s interesad@s poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.
Este luns, 3 de abril, ábrese o prazo de inscrición presencial para participar na actividade de Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais.
Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que deberán facelo de xeito presencial”.
Os Bailes de salón darán comezo o 18 de abril e rematarán o 4 de xullo. A data elixida para impartir esta actividade na Casa da Cultura é os martes. E establécense tres quendas: unha de 18:45 a 20:00 horas; unha de 20:00 a 21:15 horas e outra de 21:15 a 22:30 horas.
A concelleira de Servizos Sociais subliña que “as prazas son limitadas e que se concederán por orde de inscrición”.
Para calquera información e/ou aclaración, as/os interesadas/os...
leer más