Deputación
A veciñanza de seis concellos da provincia participará esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total unhas 140 persoas dos municipios de Ourol, O Saviñao, Antas de Ulla, Cospeito, Castro de Rei e Ribadeo as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.
Este martes, a Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva Aturuxeiros de Bravos, de Ourol, e a Asociación de Veciños do Saviñao viaxaron a Cervantes e Navia de Suarna e á Terra Chá, respectivamente. Os mariñaos coñeceron o Pazo de San Marcos antes de facer un percorrido pola aldea do Piornedo e a localidade de Navia de Suarna, onde tamén se achegaron a unha fábrica de embutidos. Os do Saviñao fixeron unha parada no Mazo de Santa...
leer másA Deputación de Lugo reiniciará esta semana a segunda edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. Son 55 as asociacións e colectivos lucenses os que contan coas súas reservas para viaxar polo territorio en outono, dende o vindeiro martes 13 de setembro ata o mes de novembro. Preto de 1.800 persoas de máis de 85 entidades sen ánimo de lucro xa se beneficiaron en primavera desta iniciativa provincial.
As primeiras entidades beneficiarias serán a Asociación de Santa Comba de Órrea, de Riotorto, e a Asociación de San Martiño de Río, de Láncara. Os de Riotorto viaxarán o martes á Ribeira Sacra, onde comezarán o percorrido nunha adega de Amandi logo de facer parada no Pazo de San Marcos. Tamén visitarán un miradoiro para contemplar o Canón do Sil e navegarán polo río nun dos catamaráns da Deputación de Lugo. Os lancaraos...
leer másCervo será escenario da III Regata da Copa Deputación de Piragüismo. A competición, que terá lugar no Encoro de Río Cobo, será este sábado, 23 de xullo, a partir das 10:00 horas.
Na proba, ademais do club anfitrión -o Club Deportivo San Ciprián- competirán o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban, como representantes mariñáns.
O Encoro de Río Cobo acollerá o sábado, 23 de xullo, a III regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A tenente alcalde, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, os directivos da sección de piragüismo, Alejandro Gómez e Raquel Rodríguez, o adestrador e participante na regata Joel González e o deportista Tristán...
leer másPreto de 160 veciños e veciñas da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos lucenses. Viaxanseis asociacións de diferentes zonas do territorio lucense, que percorrerán A Mariña interior, a Terra Chá, e a Ribeira Sacra.
Este martes, a Asociación de Veciños Os Cinco Ríos, doCorgo, e a Asociación Os Milagres de Saavedra, de Begonte, son os dous primeiros colectivos en participar esta semana nas visitas.
Os de Begonte coñeceron este martes as instalacións e o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro, e posteriormente puxeron rumbo cara O Inciopara descubrir o encoro de Vilasouto cunha ruta circular a pé, así como a igrexa de San Pedro de San Fiz do Hospital, a aldea de Ferrería e o...
leer másSete entidades de toda a provincia participan dende este martes ata o venres no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Esta semana serán colectivos do Páramo, Cervo, Lugo, Lourenzá, Pedrafita do Cebreiro, Vilalba e Ribeira de Piquín os que participen nas viaxes gratuítas impulsadas pola institución provincial para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural dos concellos lucenses e dinamizar a actividade do turismo, a hostalería e o comercio.
Os percorridos levarán á veciñanza durante estes catro días a concellos da Ribeira Sacra, como Taboada, Chantada, Sober, Monforte, O Saviñao e Sober, pero tamén descubrirán Burela e Foz.
A Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Alborada de San Cibrao, en Cervo, é a primeira entidade participa esta semana no programa provincial. O colectivo...
leer másSete entidades de toda a provincia participan esta semana no programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Dende hoxe ata o venres, colectivos de Lugo, Barreiros e Cervantes percorren o patrimonio natural e cultural da provincia a través de diferentes itinerarios que os levarán a Cervo, O Incio, Alfoz e O Valadouro, Quiroga, O Saviñao e a zona de Montaña, con parada nos concellos de Becerreá, As Nogais, Cervantes e Navia de Suarna.
As viaxes comezaron este martes con dúas entidades do concello de Lugo. Por unha banda, membros da Asociación Veciñal San JoséPolvorín das Gándaras iniciaron o percorrido no Mazo de Santa Comba e, posteriormente, achegáronse ao concello de Cervo, onde visitaron a fábrica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados e a vila de San Cibrao. Por outro lado, integrantes da Asociación Prestancia de Lugo percorreron...
leer másA Mariña e a Ribeira Sacra son os territorios que percorrerán esta semana os participantes no programa da Deputación de LugoCoñece a túa provincia. Dende hoxe ata o venres a veciñanza de Vilalba, Lugo, Baleira, Outeiro de Rei e Alfozcoñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
A Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Román, de Vilalba, e a Asociación de Prexubilados e Xubilados Xubilia Lucus, de Lugo, foron este martes as primeiras entidades en participar na programación desta semana.
Os vilalbeses coñeceron o Mazo de Santa Comba e, posteriormente, desprazaranse o concello de Sober, cunha visita á rectoral de Gundivós e á igrexa románica de San Xiao de Lobios. Ademais, visitaron a Ribeira Sacra a través dun percorrido no catamarán da Deputación.
... leer másMáis de 170 veciños e veciñas de oito asociacións da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro da provincia. Dende hoxe e ata o venres coñecerán concellos como Xove, Viveiro, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Pantón e Carballedo.
As viaxes desta semana comezaron este martes coa visita da Asociación Recreativa e Cultural de Apoio ás Persoas Afectadas de Cancro Esperanza, de Burela, a Monforte de Lemos, onde visitaron o Pazo de Tor e o centro histórico do municipio. Antes, acompañados do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, coñeceron o traballo realizado na produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación. Tamén na primeira xornada, a Asociación de Veciños San Román de...
leer másA Deputación de Lugo lanza unha nova vía para a promoción dos recursos turísticos da provincia coa edición de tres documentais temáticos, centrados no turismo científico, na gastronomía e no Camiño de Santiago.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explicou que a institución decidiu impulsar a producións destes traballos audiovisuais, cunha duración aproximada de 50 minutos cada un, para seguir “contribuíndo a potenciar o sector turístico na provincia e a dinamizar a súa actividade a través do modelo polo que apostamos dende a Deputación, un turismo sostible, de calidade, que pon en valor o noso patrimonio, tanto natural, como cultural ou gastronómico, e que crea emprego, sobre todo no rural”.
Para arrancar a súa difusión, García Porto avanzou que os novos...
leer másA Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, presentou no Pazo de San Marcos a campaña Quéremonos Vivas, Libres e Iguaisque lanza a Deputación de Lugo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Loureiro adiantou que é un programa de actividades reivindicativas que se prolongará durante toda a vindeira semana.
A titular de Muller e Igualdade detallou que a Deputación pon en marcha esta campaña paravisibilizaresta lacra social co obxectivo de combatela entre o conxunto da sociedade da provincia. “A loita contra as violencias machistas e en favor da igualdade real entre homes e mulleres é unha política transversal na acción deste Goberno. Unha boa mostra é que temos unha área específica de Muller e Igualdade porque cremos que aínda queda moito traballo por facer”, recalcou a Deputada....
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »