Deputación
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou as bases e a convocatoria da segunda edición dos premios Lugo Cambia ao turismo lucense e ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense, tal e como anunciou a voceira provincial socialista e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.
“Estes premios son unha medida máis que impulsamos dende a Deputación de Lugo para apoiar, poñer en valor e visibilizar o traballo e a calidade dos sectores turístico e hostaleiro da nosa provincia, algo especialmente importante nestes momentos porque estes establecementos foron os que sufriron especialmente o impacto das restricións sanitarias pola pandemia”, subliñou a Deputada.
García Porto destacou que “a diferencia do ano pasado e, por petición do propio Consello Provincial de Turismo, nesta...
leer másA Deputación de Lugo lanzará nas redes sociais unha campaña audiovisual de sensibilización e visibilización do papel da muller no mundo laboral con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Así o informa a Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, que avanza que este ano a institución provincial centrará a súa programación nos medios dixitais e prolongará as actividades ao longo de todo o mes.
A campañaconsistirá na difusión de pequenas reportaxes elaboradas polo Servizo de Audiovisuais onde se conta a historia e vivencias persoais de mulleres en primeira persoa que residen na provincia de Lugo e traballan en profesións diversas. Coñeceranse diferentes ópticas, diferentes roles e experienciasco obxectivo de dar a coñecer as situacións de desigualdade que se dan no día a día e, á vez, poñer en valor os numerosos logros...
leer másA Deputación de Lugo abre desde mañá mércores o prazo de presentación das candidaturas aos premios Lugo Cambiade turismo e hostalería, logo de publicar hoxe as bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A institución provincial convoca dúas modalidades; o premio Lugo Cambia ao Turismo Lucense e o premio...E Para Comer, Lugo á gastronomía lucense para recoñecer e poñer en valor o traballo feito por persoas, entidades ou institucións a favor da promoción turística da provincia, así como as actuacións innovadoras no mundo da hostalería.
A estes premios poderán optar as persoas físicas ou xurídicas, a título individual ou colectivo, institucións eentidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico,nacional ou internacional que destaquen nalgunha das dúas modalidades...
leer másO Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presentou este xovesno exterior do Pazo de San Marcos a campaña EN LUGO, SI;que lanza a institución provincial para “reactivar, dunha maneira estable e eficaz,o comercio local, a hostalería, o turismo, e o conxunto dos sectores produtivos da provincia, para saír o máis rápido e da mellor maneira posible da crise provocada polo coronavirus”.
A Deputación leva semanas traballando no deseño deste proxecto, que o propio Presidente lles avanzou o mes pasado aos axentes sociais e económicos da provincia durante unha rolda de contactos e que foi moi ben acollido. Dado que se trata dunha iniciativa en coordinación e colaboración co tecido socioeconómico, no acto desta mañá, acompañaron a José Tomé, ademaisda Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción...
leer másA área de Cultura celebrará as Letras Galegas coa programación en liña As Letras en rede, que inclúe unha decena de actuacións musicais e escénicas. Davide Salvado, Raiceira, Ugia Pedreira, Pepe Vaamonde, Mamá Cabra, Micromina Títeres, Ana Carreira, Lóis López, Olga novo e Marina Oural completan o elenco artístico deste novidoso ciclo cultural en rede, que poderá seguirse nas redes sociais e na canle de Youtube da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (@vicedepulugo) entre o 17 e o 27 de maio ás 19:00 horas.
A iniciativa, na que colaborou a área de Cultura do Concello de Lugo, pretende trasladar ás redes o carácter reivindicativo e lúdico que acompaña a celebración do Día das Letras Galegas, dedicada este ano ao profesor e escritor Ricardo Carvalho Calero, mais tamén apoiar aos profesionais da cultura, un dos sectores que está a sufrir...
leer másA Rede Museística Provincial ven de ampliar a súa oferta de actividades en liña co programa #Feitoparati, co que achegan propostas culturais adaptadas ás necesidades que lles formulan desde distintos colectivos.
A asociación Agora de Monforte, que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) foi das primeiras en participar nesta actividade coa que a Rede mantén o seu compromiso coa inclusión e a accesibilidade, ademais de afortalar os lazos coa comunidade.
A través de encontros en liña guiados pola xerente da Rede Museística, Encarna Lago, as persoas usuarias de Agora puideron visitar virtualmente o Museo Pazo de Tor e coñecer con detalle a súa historia, así como outros aspectos da cultura local.
Na última semana, a Rede tamén colaborou coa residencia...
leer más