Deputación
Este martes, 23 de abril, deron comezo as actuacións de “A Maxia dos Valores” un programa educativo innovador dirixido ao alumnado de infantil e primaria co que o Goberno da Deputación leva a colexios de toda a provincia un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto, así o explicou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. Esta primeira actuación tivo lugar no salón de actos do CEIP San Miguel de Paradela ante medio cento de nenos.
A Deputada destacou que “grazas as capacidades únicas da maxia, como son a capacidade de sorprender e emocionar, este espectáculo convertese nunha ferramenta educativa de gran calado entre os máis pequenos. Xa tenos confirmados máis de 450 nenos que desfrutarán deste espectáculo singular ao tempo que aprenden”.
A programación do...
leer másO Goberno da Deputación abriu este luns o prazo ata o 21 de maio, para participar na Promoción da Artesanía 2017, a programación coa que o Executivo Provincial, ofrece un total de 71 obradoiros e demostracións en vivo de artesanía aos 67 Concellos da provincia de Lugo, así como a todas as asociacións lucenses. Conta cun orzamento de 35.000 euros para asumir todos os custos da organización e celebración destaS actividades en impulso do sector artesanal da provincia. Na www.deputacionlugo.gal, hai un espazo habilitado, con toda a información, bases e anexos necesarios para presentar as solicitudes, que deberán presentarse no Rexistro Provincial.
Hai unha inscrición para todos os artesáns interesados. Para garantir a igualdade de participación, estes entrarán nunha bolsa á que o organismo provincial...
leer másO colectivo Pensamento e Sementeira organiza un concerto para o domingo, 14 de maio, a cargo do grupo Lucus Ensemble.
Esta actuación terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro a partir das 12:30 horas. A entrada é libre ata completar o aforo do local e a actividade inclúese no programa Musiqueando da Deputación Provincial.
Lucus Ensemble é unha agrupación musical mixta de vento e corda formada por músicos vinculados á cidade de Lugo. Nacía hai tres anos e a súa vocación inicial era preparar un repertorio fundamentalmente clásico aínda que se mostran abertos a traballar con outros sons dende a música popular á vangardista.
Con este concerto Pensamento e Sementeira quere celebrar o Día das Letras Galegas.
A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, informou este mércores da apertura do prazo para concorrer ao programa Buxiganga. Trátase da iniciativa posta en marcha polo Goberno da Deputación para dinamizar a actividade cultural nos 67 Concellos da provincia, cun orzamento de 40.000 euros, para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses.
García Porto subliñou que “con este proxecto queremos potenciar as artes escénicas na nosa provincia. Facémolo dende a vertente do teatro afeccionado, debido á gran cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos,e que son a verdadeira base que nutre as artes escénicas profesionais de toda a provincia de Lugo”.
A deputada lembrou que “na pasada edición actuaronnosmunicipios da provincia máis de 40 grupos de teatro...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este luns no Centro de Artesanía e Deseño, os 3 roteiros para visitar obradoiros de artesáns de toda a provincia (zona centro, mariña e sur), totalmente gratuítos,que o Executivo Provincial ofrece o 31 de marzo, o 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía. Fíxoo xunto a varios artesáns lucenses que participan nesta cita cos seus obradoiros.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación ofrecemos este tipo de iniciativas, totalmente gratuítas, para fomentar un dos oficios máis ligados á identidade galega que axuda a fixar poboación nas zonas rurais, ademais de ser unha actividade económica cun grande valor engadido. Con estas rutas por todo o territorio lucense conseguimos que os participantes coñezan un pouco máis do traballo diario que...
leer más












