Deputación
A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, informou este mércores da apertura do prazo para concorrer ao programa Buxiganga. Trátase da iniciativa posta en marcha polo Goberno da Deputación para dinamizar a actividade cultural nos 67 Concellos da provincia, cun orzamento de 40.000 euros, para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses.
García Porto subliñou que “con este proxecto queremos potenciar as artes escénicas na nosa provincia. Facémolo dende a vertente do teatro afeccionado, debido á gran cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos,e que son a verdadeira base que nutre as artes escénicas profesionais de toda a provincia de Lugo”.
A deputada lembrou que “na pasada edición actuaronnosmunicipios da provincia máis de 40 grupos de teatro...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este luns no Centro de Artesanía e Deseño, os 3 roteiros para visitar obradoiros de artesáns de toda a provincia (zona centro, mariña e sur), totalmente gratuítos,que o Executivo Provincial ofrece o 31 de marzo, o 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía. Fíxoo xunto a varios artesáns lucenses que participan nesta cita cos seus obradoiros.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación ofrecemos este tipo de iniciativas, totalmente gratuítas, para fomentar un dos oficios máis ligados á identidade galega que axuda a fixar poboación nas zonas rurais, ademais de ser unha actividade económica cun grande valor engadido. Con estas rutas por todo o territorio lucense conseguimos que os participantes coñezan un pouco máis do traballo diario que...
leer más