Deputación

Etiquetas:
08/04/2026

A Deputación de Lugo arrancou este mércores a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera. A iniciativa, que impulsa a institución provincial “para fomentar o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio da provincia, beneficiará un ano máis a unhas 3.000 persoas en dúas quendas: a primeira, que se desenvolve entre abril e xuño; a segunda, que terá lugar durante o outono”.

Pilar García Porto, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo; e Carlos López López, o deputado de Medio Ambiente, deron este mércores a benvida aos grupos que estrean as primeiras excursións do programa: a asociación Santalla de Pena, de Begonte, que visita Foz; e ás mulleres Bolboretas, de Xove, que van a Pantón e Carballedo. Os primeiros fixeron parada na Produtora do Servizo de Audiovisuais da...

leer más
15/03/2026

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta edición do programa Da Escola á Granxa, que promove actividades educativas en granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural. As asociacións de nais e pais de centros de infantil e primaria poden solicitar ata vindeiro 15 de abril a participación no programa, que ofrece subvencións -entre 300 e 1.100 euros- para financiar o desprazamento  e o desenvolvemento das actividades recollidas no catálogo do programa, integrada por 45 granxas e proxectos agroalimentarios repartidos por toda a provincia.

A Vicepresidencia da Deputación explica que “Da Escola á Granxa ampliou e diversificou un ano máis a súa proposta educativa coa incorporación de 7 granxas novas respecto á última edición, ofrecendo un catálogo con producións diversas...

leer más
12/02/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción da artesanía, o programa Mans artesás, co que profesionais da provincia ofrecerán demostracións, obradoiros e cursos de diferentes oficios tradicionais e manuais. Cestería, olería, traballo con coiro, técnicas de tecido ou torneado e tallado de madeira son algunhas das actividades incluídas neste programa, que se desenvolverán en función da dispoñibilidade das artesás e artesáns participantes.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, explicou que “o programa pretende fomentar a presenza da artesanía e dos oficios tradicionais en feiras e actos culturais ou de promoción do territorio e na oferta de actividades formativas ou lúdicas que ofrecen asociacións e colectivos veciñais ao longo do...

leer más
02/02/2026

A Deputación de Lugo activa este mércores, 4 de febreiro, o sistema de reservas para solicitar praza nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que comezarán a nova temporada o día 19 de marzo e prolongarase ata a ponte de decembro mantendo os dous percorridos habituais polo Canón do Sil e polo Cabo do Mundo.

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a través da páxina web reservas.rutasembalses.es, unha plataforma dispoñible as 24 horas do día que permite consultar en tempo real horarios, tarifas, dispoñibilidade de prazas e información práctica para planificar a experiencia. A través deste portal tamén se poden modificar ou cancelar reservas. Non se admiten reservas por teléfono nin por correo electrónico.

... leer más
16/01/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, programa que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas da provincia.

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que “ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, fomentando a súa presenza nas programacións musicais e culturais por todo o territorio da provincia.

A deputada de Cultura, Iria Castro, lembrou que “en 2025 Tradigalu permitiu programar máis de 300 actuacións, consolidándose como unha das principais vías de apoio á actividade de asociacións veciñais e culturais en parroquias e concellos de toda a provincia e tamén un importante soporte para o tecido asociativo da música tradicional, decenas de agrupacións que participan...

leer más
Etiquetas:
10/01/2026

A Deputación de Lugo abre o día 12 de xaneiro, luns, o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia,  o programa de viaxes gratuítas da institución provincial que nesta nova edición ofrece máis de 3.000 prazas. As bases do programa foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde este 12 de xaneiro, ás 12 da mañá, ata o 16 deste mes.

O programa mantén a oferta de 44 rutas polos 67 concellos da provincia, ás que se engaden 7 rutas accesibles deseñadas especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física.

A Deputación de Lugo destaca que “como novidade, nesta nova edición priorizaranse as entidades que non participaron en convocatorias anteriores, garantindo así a oportunidade de...

leer más
Etiquetas:
01/01/2026

A Xunta de Goberno aprobou as bases dunha nova convocatoria do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que ofrece viaxes gratuítas a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia. Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de 200.000€, o que supón un investimento de 67,40€ por persoa que repercute en beneficios para o territorio, ao fomentar o turismo de proximidade e dinamizar a actividade económica local. 

As bases sairán publicadas o vindeiro 10 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes arrincará o 12 de xaneiro, ás 12:00 da mañá e permanecerá aberto ata o 16 de xaneiro. Nesta anualidade, as asociacións poderán solicitar entre 15 e 23 prazas para realizar as excursións, mantendo o mesmo modelo de anos...

leer más
09/12/2025

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a presidenta da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Rocío López, asinaron este martes, 9 de decembro, no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración por importe de 25.000 euros, que “permitirá impulsar á Mariña Lucense como xeodestino de referencia para reforzar a promoción turística da comarca e mellorar o posicionamento da marca A Mariña”.

“Con esta achega damos continuidade a colaboración anual coa Mancomunidade Lucense, á que achegamos 25.000 euros, mantendo o compromiso co desenvolvemento turístico da comarca, cos seus veciños e veciñas e coa xeración de riqueza e emprego a través dun sector estratéxico que combina costa e montaña e ofrece unha experiencia única ao visitante”, explicou José Tomé, que destacou que “o turismo sostible e de calidade desempeña un papel crucial no...

leer más
02/09/2025

A Deputación de Lugo reabre este martes a quinta edición do programa de viaxes Coñece a túa provincia, que arranca hoxe a súa segunda quenda do ano con visitas gratuítas á Mariña. Preto de 1.200 veciños e veciñas de 26 concellos de toda a provincia participarán entre setembro e outubro nesta iniciativa da institución provincial que ten por obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio.

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu no Centro de Interpretación Terras do Miño aos membros da Asociación As Bulidoiras, das Nogais, que visitarán este martes o museo do mel do Valadouro, a Finca Galea ou o castelo de Alfoz. Estreou tamén o calendario de excursións a asociación Hombreiro Río Miño, de Lugo, que fará unha ruta que lles permitirá coñecer as principais praias do Vicedo e o casco antigo de Viveiro...

leer más
29/08/2025

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentaron este venres na Praza de San Marcos unha iniciativa mediante a que sortearán un total de 90 bonos, por valor de 250 euros, para facilitarlle ás familias a volta ao cole. A institución provincial investirá 50.000 euros nesta proposta que, “incentivará a compra nos pequenos negocios da provincia e aliviará a economía doméstica nun dos momentos máis delicados do ano”.

“Esta é unha aposta estratéxica do noso Goberno”, valorou o mandatario provincial. Nese sentido, explicou que o comercio representa máis do 26% do tecido empresarial da provincia e que máis de 9.400 empresas de Lugo están vinculadas a esta actividade, sendo o segundo sector económico máis numeroso tras o agrícola-gandeiro. Detallou que máis do 96% desas...

leer más