Domingueo

Etiquetas:
04/04/2024

Concello e Acisa recuperan a campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. A música inundará os recunchos da vila durante os mediodías de sete domingos desde o 21 de abril ao 7 de xullo. 

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, sinalou que “nos pareceu interesante recuperar esta campaña comercial de Acisa conxuntamente co Concello para facer das mañás de domingo unha cita ineludible para vir pasear, mercar ou tomar o vermú a Ribadeo. Somos conscientes de que as xornadas de domingo na nosa vila atraen a moita xente, pero queremos que aínda veñan máis persoas e que gocen tamén de boa música, da que atoparán por diversos recunchos de Ribadeo os días 21 e 28 de abril, 5 e 26 de maio, 2 e 16 de xuño e 7 de xullo”. 

A edil...

leer más