Fotografía
ABANCA, Afundación e o Concello de Burela asinaron esta mañá, ás 12.45 h, no Concello, un convenio de colaboración cultural mediante o que as tres entidades desenvolverán a exposición «Auga. O sangue da terra», obra do fotógrafo Manuel Valcárcel. Asistiron á sinatura o alcalde, Alfredo Llano García; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez Rodríguez; a coordinadora institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; e o director de ABANCA en Burela, Javier Parga.
A exposición «Auga. O sangue da terra» realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a cunca do lugués río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto...
leer másOs alumnos e alumnas da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais do obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño organizan o I Concurso Fotográfico titulado O Camiño no visor, coa idea de poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo.
Poderán participar todas aquelas fotografías que ofrezan unha visión diferente e orixinal dos 17 quilómetros que percorre a ruta. Trátase de que tanto visitantes coma locais, a través da súa participación no concurso, descubran os recunchos do Camiño ao seu paso polo concello e os atrape no visor da súa cámara.
Contarase coa colaboración do Parador Nacional de Ribadeo e o Hotel Restaurante Javier Montero que aportan como premios, respectivamente, unha estancia dunha noite para dúas persoas (1º premio) e una comida/cea tamén para dúas...
leer másO Concello de Cervo, Paco Piñeiro e a A.C. Airiños do Xunco, convidan a asistir este domingo, 7 de abril, ao acto de inauguración da mostra fotográfica “Cervo na Memoria”, ás 19:00 horas, nas Escolas Vellas de Cervo.
O acto foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, o presidente da A.C. Airiños do Xunco, Rafael Blas, e polo profesor Paco Piñeiro, autor da Crónica histórico-literaria da Parroquia de Santa María de Cervo, e quen custodia a colección fotográfica; a quen lle temos que agradecer enormemente desde o Concello -precisou Villares- “a súa implicación e dedicación absoluta en todo o que ten que ver co eido cultural en Cervo; un traballo impagable que comparte sempre xenerosamente con todos nós”.
Tal e como explicaron, o edificio centenario, cedido...
leer másO Concello de Cervo organiza un curso de iniciación á fotografía e vídeo dixital que se desenvolverá desde o 9 de marzo ata o 27 de abril.
A actividade, impartida por Julio Noche, terá lugar todos os sábados, en horario de 17:30 a 20:30 horas e está dirixida a maiores de 12 anos, cun máximo de 15 persoas.
As inscricións poden facerse vía whatsapp no 691 656 600, na Casa da Cultura ou en dinamización@concellodecervo.com.
Para asistir será necesario: cámara de móbil con controis manuais ou cámara dixital e ordenador os días 23 de marzo e 15 de abril con Adobe Photoshop e Adobe Premier.






