Ioga
Dentro do programa municipal de fomento do deporte o Concello de Alfoz oferta a modalidade de ioga, que se leva a cabo na Escola de Nenos de Adelán en dous grupos diferentes: grupo A, con 2 horas á semana (martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas); e grupo B, con 1 hora á semana (martes de 18:30 a 19:30 horas).
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 1) e as inscricións realízanse na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz.
A AECC organiza un taller de ioga en Burela dirixido a voluntarios, familiares e enfermos de cancro. Será todos os luns de 10:30 a 11:30 horas na sala multiusos da Casa da Cultura. Dará comezo o 14 de marzo.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse nos seguintes números de teléfono: 658 87 21 96 - 982 25 08 09 ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, subliña que “desde o Concello de Burela mantemos un contacto estreito coa Asociación Española de Loita contra o Cancro, apoiando esta e outras iniciativas”. E engade que “hai que por en valor este servizo, no que unha traballadora social e unha psicóloga ofrecen o súa asistencia para toda a comarca da Mariña”.
Nuria Torrado González impartirá unha clase de ioga ao aire libre este xoves, día 19 de agosto, ás 16:00 horas no concello de Cervo, concretamente no parque Reina Sofía, de San Cibrao.
Esta actividade, organizada polo Concello de Cervo, titúlase Non desesperes … relax. Os interesados en participar deben anotarse previamente vía whatsapp no teléfono 691.65. 66.00.