Vehículos

Etiquetas:
28/05/2018

O vindeiro 16 de xuño rematarán as fins de semana tecnolóxicas, organizadas por Apaga, cun obradoiro sobre impresoras en 3D. Aínda quedan prazas dispoñibles. Logo estes cursos descansan e volverán despois da celebración do VII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que terá lugar do 29 ao 31 de agosto. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia traballa tamén no que será o seu proxecto estrela en 2019, a doazón ao coñecemento e está á espera de todas as accións europeas solicitadas como promotores ou como socios. Son un total de 8, que se desenvolverán na súa maioría ao longo dos vindeiros dous anos.

As instacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acolleron o pasado sábado, día 26, unha nova fin de semana tecnolóxica sobre avarías resoltas no taller. Foi impartido por Urbano Fernández Oliveros, que é un técnico de...

leer más
Etiquetas:
27/10/2016
A XIII Ruta en vehículos 4x4 Montes da Mariña, que foi presentada en Foz, celebrarase do 28 ao 30 de outubro.
 
A XIII edición da ruta en vehículos 4x4 Montes da Mariña celebrarase este fin de semana, desde mañá, venres, día 28, ata o domingo 30. Foi presentada en Foz nun acto no que participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e os representantes do club Os Correcamiños Pablo Sobrado, Javier Blanco e Carlos Maseda.
 
Os organizadores explicaron que “este ano bateuse o récord de inscritos, cun total de 480. As procedencias dos participantes son do norte da península, así como de Madrid e Cáceres, entre outros lugares”.
 
Tamén anunciaron que “a xornada de mañá, venres, estará dedicada á recepción dos participantes. O sábado 29 sairán ás 9 da mañá para realizar unha ruta todo o día, con comida no pavillón de Ferreira do Valadouro e cea no...
leer más