
Con motivo da celebración do Día do Libro, o Concello de Cervo convoca un certame de creatividade dirixido ás crianzas e tamén ás persoas adultas. Os traballos poden presentarse ata o día 30 de abril.
“As crianzas de 3 a 6 anos poden facer o seu marcapáxinas orixinal; as crianzas de 7 a 11 anos deben continuar o relato que se inclúe no cartaz; e as persoas de 12 anos en diante poden escoller entre contar unha anécdota familiar ou seguir a historia que aparece no cartel. Animádevos! Tedes ata o 30 de abril para presentar os vosos traballos a través do correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683.315.939”, anuncia o Concello de Cervo.