
O equipo de goberno do Concello de Mondoñedo anuncia que está ultimando os preparativos para a celebración do Correlingua 2025, que terá lugar o martes 20 de maio, “convertendo a cidade nun espazo de encontro e diversión para os máis novos, coa lingua galega como gran protagonista da xornada”.
Tamén explica que “a xornada será presentada por Frank Rey e incluirá diversas actividades adaptadas a todas as idades. Para os máis pequenos haberá unha sesión especial con Paco Nogueiras e a música da Mecánica Rolling Band, ambas na praza da Catedral”.