
A parroquia de Vilamartín Pequeno, no concello de Barreiros, celebrará a festa de San Xoán Degolado, coa cuarta xornada gastronómica do requeixo, este sábado, día 14 de xuño.
As actividades comezarán ás 13:15 horas con misa solemne, procesión e a continuación sesión vermú amenizada polo grupo Lume. Ás 15:00 horas haberá xantar popular no campo da festa e a partir das 21:00 horas, churrascada gratuíta e verbena amenizada polo grupo Lume e a charanga Los Támega.
A comisión organizadora anuncia que dispoñen de amplos aparcamentos gratuítos, atraccións para os nenos e o campo da festa estará cuberto con carpa.