San Adriano, en Lourenzá, celebra a festa romaría na honra do seu patrón o luns 16 de xuño

A parroquia de San Adriano, no concello de Lourenzá, celebrará a festa romaría na honra do seu patrón o día 16 de xuño, luns.

As actividades comezarán ás 9:00 horas coa primeira misa; ás 10:00 haberá a rogación, seguida dunha misa; ás 13:00 horas celebrarase a misa de mediodía, seguida de sesión vermú a cargo da orquestra Miramar. E ás 19:00 horas será a última misa e de seguido festa verbena co dúo Epo-K e a orquestra Miramar.