A Pomba do Arco organiza as XXVIII Xornadas de Historia Local en Foz do 28 ao 31 de xullo

A asociación socio cultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza a vixésimo oitava edición das Xornadas de Historia Local, que se desenvolverán do 28 ao 31 de xullo con catro charlas. Todas elas serán na Casa da Cultura focega ás 20:30 horas.

O luns 28 Ugia Pedreira ofrecerá a charla titulada Achegamento á musica de tradición oral na Mariña; o martes 29 Vidal Martínez-Sierra falará de Os maragatos na Mariña; o mércores 30 haberá unha intervención de Antonio Reigosa sobre A literatura de tradición oral na Mariña; e o xoves 31 Manuel Miranda ofrecerá a conferencia titulada O patrimonio arqueolóxico de Foz.