Couboeira, en Mondoñedo, celebra as súas festas patronais este domingo, 20 de xullo

A parroquia de Couboeira, no concello de Mondoñedo, celebra as súas festas patronais, na honra a Santa María Magdalena e San Antonio este domingo, día 20 xullo.

Ás 13:30 horas celebrarase misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Alianza, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:30 horas. Tamén haberá foguetes de artificio.