O XXXI Festival da Terceira Idade en Alfoz celebrarase o 11 de outubro

O Concello de Alfoz anuncia: “o sábado 11 de outubro celebramos unha nova edición deste encontro especial para as nosas persoas maiores de 65 anos e pensionistas do concello, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes”.

A xornada comezará cunha misa en San Pedro de Mor e continuará cunha comida de confraternidade no Pavillón Municipal, “con actividades para desfrutar en boa compañía. Porque compartir é a mellor maneira de celebrar!”

As inscricións están abertas ata o 3 de outubro na Oficina de Servizos Sociais do Concello de Alfoz.