A XV Carreira Val das Fabas disputarase en Lourenzá este sábado, 27 de setembro

A décimo quinta edición da Carreira Val das Fabas disputarase en Lourenzá este sábado, día 27 de setembro, desde as 17:00 horas, cando sairán as categorías menores. E ás 18:00 horas comezará a proba absoluta, cun percorrido de 6.330 metros.

A XV edición da Carreira Val das Fabas foi presentada cun acto no que participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o concelleiro de Deportes, Francisco Javier Súárez;  Pablo Maseda, como presidente, e  Miguel Gavín, como vicepresidente das Escolas Deportivas Lourenzá; Manuel Otero, como responsable de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Lugo; Mari Carmen Fornos, como responsable de Protección Civil; e Francisco León, como adestrador de atletismo do Maderas Barcia.