
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, anuncia que “está dando inicio a un novo curso na escola de baile e música tradicional. Nesta ocasión, e dentro da programación do 50 aniversario da asociación, queremos comezar esta etapa cun espectáculo moi especial, Cóntoche un traxe, no que a través do relato de Montse Rivera disfrutaremos do traxe tradicional nun formato pouco habitual. Convidámosvos ao auditorio municipal de Burela este sábado, 4 de outubro, ás 6 da tarde para pasar unha entretida tarde en familia”.
É unha actividade aberta ao público e con entrada de balde e Ledicia agradece “a colaboración do Concello de Burela coa cesión do auditorio”.


