Mondoñedo celebra un magosto tradicional este sábado, 8 de novembro

Na Praza do Concello de Mondoñedo celebrarase un magosto tradicional este sábado, día 8 de novembro. Haberá castañas, viño e chocolate.

As actividades comezarán ás 18:00 horas con Truco ou trato de Samaín polas rúas do centro e desde as 19:30 horas farase o magosto tradicional coa música a cargo do grupo de pandereteiras María Raxeta.