O Concello de Trabada abre ata o 26 de novembro a inscrición para un curso de informática de nivel básico

O Concello de Trabada anuncia a apertura do prazo de inscrición, ata o 26 de novembro, para participar no curso A00-010. Nivel básico de informática, unha actividade totalmente de balde dirixida aos veciños e veciñas do municipio dentro do programa E para dixitalizarse Lugo, impulsado pola Deputación de Lugo e financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.

Impartirase na Casa da Cultura os días 12 e 19 de decembro de 2025, 9, 16, 23 e 30 de xaneiro, 6, 13 e 20 de febreiro de 2026 de 18:00 a 21:00 horas. E os días 13 e 20 de decembro de 2025, 10, 17, 24 e 31 de xaneiro, 7, 14 e 21 de febreiro de 2026. De 10:00 a 13:00 horas.

Hai 12 prazas e as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición presencialmente no Concello de Trabada ata o 26 de novembro.

O curso ten como obxectivo achegar coñecementos básicos de informática ás persoas que desexen iniciarse no uso do ordenador e das novas tecnoloxías, facilitando así a súa integración dixital e o acceso aos servizos en liña.

O alcalde de Trabada, Rubén García, anima a todos os veciños e veciñas a aproveitar esta oportunidade formativa totalmente gratuíta, destacando “a importancia de avanzar na dixitalización como ferramenta para mellorar a vida cotiá e o acceso aos servizos públicos”.

Ademais, dentro deste mesmo programa E para dixitalizarse Lugo, tamén está en marcha outra acción formativa centrada na firma dixital, Chave365 e certificados electrónicos, que se desenvolverá na Casa da Cultura os días 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17 de decembro de 10:00 a 13:00 horas. Hai 12 prazas e a inscrición debe facerse presencialmente no Concello de Trabada, ata o 23 de novembro.

Deste modo o Concello de Trabada “continúa apostando pola formación dixital e pola capacitación da cidadanía para o uso das ferramentas tecnolóxicas que facilitan a relación coa administración e co entorno dixital”.