A comparsa Habelas Hainas organiza unha cea baile en Barreiros para o 22 de novembro

O día 22 de novembro, sábado, ás 21:30 horas na praza do Concello de San Cosme de Barreiros terá lugar unha cea baile organizada pola comparsa Habelas Hainas.

Será nunha carpa cerrada con calefacción e haberá “comida, música, agasallos e sobre todo moita festa”.

O prazo para reservar as entradas está aberto ata o 17 de novembro.