O Concello de Xove continúa coa axenda do 25N con actividades os días 20, 25 e 27 de novembro

Desde o Departamento Servizos Sociais, Sanidade Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove continúan coa axenda de novembro, mes dedicado á eliminación da violencia contra as mulleres, cuxo día internacional se conmemora o 25N.

A axenda do 25N en Xove para o que resta deste mes é a seguinte: este xoves, día 20, ás 11:00 horas no Salón de Actos haberá un contacontos teatralizado en igualdade para público infantil titulado Vamos ao recreo; o martes día 25, iluminación e colocación do gran lazo violeta na fachada do Concello, pola eliminación da violencia contra a muller, e ás 11:30 horas no Parque do Concello haberá un Acto conmemorativo titulado Sementamos memoria, no que, en colaboración co CEIP Pedro Caselles, plantarase unha flor de pensamento  por cada vítima da violencia machista deste 2025, acto aberto a todos os públicos; e o xoves 27 ás 11:00 horas no Salón de Actos terá lugar un contacontos teatralizado en igualdade para público xuvenil titulado Expectativa VS Realidade.