
O grupo teatral Os pícaros de Lagoa representará a obra Estes vellos saben moito… ou non no Valadouro este sábado, día 6 de decembro. Será na Casa da Cultura ás 19:00 horas, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A sinopse é a seguinte: “Un asilo calquera, uns vellos con moito xenio. De súpeto a dona morre en estrañas circunstancias, ao parecer envelenada. Todos tiveron contacto cun café sospeitoso. Un sarxento da Garda Civil e o seu aprendiz (un pouco torpe) investigan o posible asasinato”.


