O grupo teatral A Adala representa “Marina Club” en Burela este venres, 19 de decembro

Este venres, día 19 de decembro, ás 21:00 h, a Casa da Cultura de Burela acolle a representación da obra Marina Club, unha proposta teatral para adultos da man do grupo A Adala. “Unha cita co teatro en Burela para compartir cultura”, anuncia o Concello.

Esta actividade é unha iniciativa do Concello de Burela en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo dentro do ciclo de teatro afeccionado.